Resultados de procura - Richthofen, Manfred von, 1892-1918
A súa procura - Richthofen, Manfred von, 1892-1918 - Non coincide ningún recurso.
Manfred von Richthofen
alt=Manfred von Richthofen.|miniatura|Manfred von Richthofen.
Manfred Albrecht von Richthofen, nado en Breslau o 2 de maio de 1892 e finado en Vaux-sur-Somme o 21 de abril de 1918, máis coñecido como o Barón Vermello, foi un lendario piloto de cazas alemán da primeira guerra mundial. Foi considerado o ás de áses da guerra porque conseguiu derribar oitenta aeroplanos inimigos.Soldado de cabalaría no inicio da contenda, en 1915 foi destinado ao Servizo Aéreo e converteuse nun dos primeiros membros do escuadrón de cazas ''Jagdstaffel 2'' en 1916. Axiña se distinguiu como piloto de cazas e en 1917 pasou a ser o líder da ''Jasta 11'' e despois da á de cazas ''Jagdgeschwader 1'', máis coñecido como o "Circo voador". Xa en 1918 era un heroe dos alemáns e respectado polos seus inimigos, pois permitía escapar as súas vítimas feridas. A súa unidade foi responsable da derriba de 151 avións británicos, fronte a 66 das propias, durante o mes de abril de 1917. Por iso recibiu a medalla ao mérito.
Os seus avións, o caza biplano Albatros D.II e despois o triplano Fokker Dr.I, permitíanlle unha ampla capacidade de manobra e piruetas. Non obstante, a maioría das súas vitorias conseguiunas nun avión tipo Albatros.
Richthofen foi derribado e morto na mañá do 21 de abril de 1918 no norte de Francia. É un dos pilotos de guerra máis célebres de todos os tempos e tema de moitos libros e filmes. Provided by Wikipedia