Resultados de procura - Eco, Umberto, 1932-2016
A súa procura - Eco, Umberto, 1932-2016 - Non coincide ningún recurso.
Umberto Eco
Umberto Eco, nado en Alessandria (Piemonte) o 5 de xaneiro de 1932 e finado en Milán o 19 de febreiro de 2016, foi un profesor universitario e autor italiano de numerosos ensaios sobre semiótica, estética medieval, comunicación de masas, lingüística e filosofía, aínda que entre o grande público é coñecido especialmente polas súas novelas. Entre a súa produción literaria destacan ''O nome da rosa'', de 1980, unha novela de misterio de ambientación histórica que combina a semiótica, a análise bíblica, o medievalismo e a teoría da literatura, así como ''Il pendolo di Foucault'', de 1988, que explora temáticas similares.Eco foi un escritor prolífico cuxa produción inclúe literatura infantil, traducións do francés e do inglés, así como unha columna bimensual no xornal ''L'Espresso'' titulada "La Bustina di Minerva" (publicada entre 1985 e 2016). No momento do seu pasamento, era profesor emérito da Universidade de Boloña, onde ensinou gran parte da súa vida. Durante o século XXI, gañou moita sona polo seu artigo "Urfascismo", de 1995, no que lista catorce características xerais das ideoloxías fascistas. Provided by Wikipedia